Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 29/04/2018 10:59

As desconexións privan ao Leyma Coruña dunha vitoria ante CB Clavijo (85-66)

Las desconexiones privan al Leyma Coruña de una victoria ante CB Clavijo (85-66)

O Leyma Coruña non puido pechar a liga regular con vitoria e caeu vítima das súas propias desconexións a mans dun CB Clavijo (85-66) ao que a meritoria vitoria non lle serviu para eludir o descenso a Prata.

Comezou o partido con moita igualdade e cos locais tratando de impor o seu xogo nunha cancha, convertida en caldeira que celebraba con rabia cada canastra.

O primeiro cuarto era para os locais (19-17), pero o Leyma reaccionaba abrindo unha pequena brecha no ecuador do segundo cuarto (24-31). Clavijo subía a súa proxección ofensiva e aproveitaba un baixón laranxa para irse dous arriba ao descanso (38-36).

Tras o receso, o Leyma volvía baixar a súa capacidade anotadora, apoiándose sobre todo no xogo interior de Sonseca h Chuku. Os visitantes encaraban o último cuarto seis abaixo (59-53).

Como xa pasara noutros partidos, no acto definitivo volvían as desconexións do equipo laranxa. Erros non forzados, problemas no dous aros co rebote e numerosas perdas culminaba nun parcial de 10-0 (82-63) que finiquitada o encontro e impedía a vitoria 17 dos coruñeses (85-66).

Con este resultado o Leyma Coruña finaliza oitavo e o seu rival nesta primeira fase dos playoff será o ICL Manresa.Xogará os dous primeiros partidos no Nou Congost (4 e 6 de maio) e a serie chegará á Coruña no terceiro partido o venres 11 ás 21 horas. Se é necesario ir a un cuarto partido será o domingo 13 ás 19.00 horas. As entradas para o playoff estarán á venda a semana que vén.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar