As cousas non son como empezan, se non como acaban

Non podo ser. O Leyma Coruña tropezouse cunha pedra chamada Valladolid no seu primeiro partido de liga desta tempada. Un primeiro cuarto con imprecisións e mala sorte de face ao aro, lastrou ao conxunto laranxa, que se foi ao descanso cun 40-60 no marcador, ao descanso.

Parecía que todo estaba decidido, pero os xogadores de Sergio García non se deron por vencidos e continuaron pelexando e loitando para poder achegarse no marcador aos visitantantes. Cando mellor pintaban as cousas, o silencio apropiouse de #OFornodeRiazor. Mouha Barro volvía lesionarse (a espera de probas médicas para coñecer o alcance), e os peores presaxios roldaban o ambiente.

No cuarto final, o físico dos coruñeses puña en dificultades aos valisoletanos. E aínda que non deixaron de loitar en ningún momento, non puideron alcanzar a vitoria final.

67-80 no primeiro encontro e toda a tempada por diante para gañar partidos. Por que as cousas non son como empezan, se non como acaban.