Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 16/08/2016 12:00

Larry Abia seguirá defendendo o sentimento laranxa

Larry Abia seguirá defendiendo el sentimiento naranja

O Club Básquet Coruña continua perfilando o plantel do seu primeiro equipo para a próxima tempada, na que unha vez máis contará coa contribución do alero Larry Abia, xogador de nacionalidade española e 23 anos de idade, que encarna o esforzo e a garra do Leyma Coruña na pista.

Formado desde moi curta idade no antigo Pamesa Valencia, Larry Abia pode alternar a posición de alero coa de á-pivote, destacando polas súas intangibles e por axudar ao equipo en todos os aspectos do xogo. Estes dous últimos anos no conxunto herculino converteuse no especialista defensivo, ademais de mellorar notablemente o seu xogo no poste baixo, onde obtén vantaxes polas súas condicións físicas, entre elas, os seus 196 centímetros de altura.

Coa renovación de Larry Abia o equipo do Leyma Coruña suma polo momento dez xogadores. Sete deles representan a continuidade do proxecto e do estilo de xogo marcado por Tito Díaz, que seguirá contando con Gediminas Zyle, Zach Monaghan, Anxo Hernández, Sergio Olmos, Dago Pena, Joan Creus e o propio Abia, ademais das fichaxes de Filip Djuran, Tautvydas Sabonis e o regreso de Javi Lucas, todos eles dispostos a contribuír á progresión do equipo e do sentimento laranxa na cidade.

Traxectoria deportiva

2001-2011 Fórmase no antigo Pamesa Valencia desde preminibasket, pasando por todas as categorías inferiores.

2011-2014 Valencia B.C. da liga EBA, alternando coa Valencia B.C. da ACB.

2014-2016 Leyma Básquet Coruña LEB Ouro.

Palmarés

2013 Medalla de Bronce con España no Europeo Sub20 en Tallin.

2013-14 Campión da Eurocup coa Valencia Basket

Estatísticas 2015-2016

As súas estatísticas na liga regular da tempada 2015-2016 co Leyma Básquet Coruña, en 28 partidos e 17 minutos por partido, son as seguintes: 3 Puntos, 2 Rebotes, (54 % T.2 ), (18 % T.3), (78% T.L.), 3,5 Valoración.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar