Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Actividades | 13/05/2021 12:27

A ONG Aire será a entidade homenaxeada na causa social deste domingo

La ONG Aire será la entidad homenajeada en la causa social de este domingo

O Club Básquet Coruña S.A.D. homenaxeará á ONG Aire na causa social ?17 partidos, 17 causas? en colaboración coa Obra Social da Caixa. A homenaxe terá lugar o vindeiro domingo día 16 de maio, no encontro entre Leyma Coruña e TAU Castelló, que se disputará en #OFornodeRiazor ás 12:30 horas.

ONG AIRE é unha organización independente e sen ánimo de lucro conformada por un equipo multidisciplinar de profesionais que ofrecen axuda humanitaria en situacións límite e desenvolven proxectos de cooperación ao desenvolvemento de maneira altruísta. O seu obxectivo é a diminución do sufrimento das persoas que se atopan en situación de plena vulnerabilidade, vítimas de catástrofes de orixe natural ou humano, prestando especial atención a mulleres e menores.

Outra área de traballo fundamental para a súa entidade é a sensibilización e mobilización cidadá, a través de actividades, materiais educativos, redes sociais etc. promoven actitudes e valores para potenciar unha cidadanía global, xeradora dunha cultura da solidariedade, comprometida cos Dereitos Humanos e implicada na loita contra a pobreza, a exclusión e as inxustizas.

Máis información: www.ongaire.org

Colabora: http://ongaire.org/dona/

Enlace vídeo: https://youtu.be/1KzRhryHfLI







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi