Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Porriño - Básquet Coruña Leyma C · 12/06/2021 12:00 Porriño || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 06/05 - Esclavas · 13/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Estudiantes Pontevedra - Básquet Coruña U13 · 13/06/2021 17:00 A Xunqueira I || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - Carniceria Daniel Artai · 12/06/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Mini U12 - Maristas Coruña · 13/06/2021 16:00 Polideportivo Agra II P-3 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Esclavas · 13/06/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Dental Noa Garcia Basket Xiria - Básquet Coruña 08 · 13/06/2021 10:00 Bergantiños

Primer equipo | 21/10/2017 21:58

A falta de acerto condena ao Leyma Coruña ante o Carramimbre CBC Valladolid (59-67)

La falta de acierto condena al Leyma Coruña ante el Carramimbre CBC Valladolid (59-67)

O Leyma Coruña non puido sumar a súa segunda vitoria do curso e claudicó ante o Carramimbre CBC Valladolid (59-67) nun encontro pouco vistoso e no que ambos os conxuntos cometeron un gran número de erros non forzados.

Saíron mellor os de Gustavo Aranzana sobre o parqué do Palacio dos Deportes de Riazor (7-0), a que ao cabo sería a súa maior vantaxe no choque. Un parcial de 0-6 para os de Paco García igualaba as forzas e chegábase ao final dun primeiro acto moi marcado xa polos fallos (16-22).

Ía a remolque do seu opoñente a escuadra local, incapaz de porse por diante no luminoso e marchábase ao descanso tres abaixo. Unha primeira parte marcada por unha anotación moi baixa dos dous equipos (29-32).

Arrincaba o terceiro período cun triplo de Jonathan Gilling que igualaba o choque (32-32), pero os locais non eran capaces de darlle a volta ao marcador, nun acto no que os dous conxuntos intercambiábanse golpes. Dous triplos de Trevor Cooney que parecían achegar ao Leyma ao seu rival eran rapidamente contestados os valisoletanos. Os laranxas chegaban ao acto definitivo nove abaixo (46-55).

O Leyma Coruña non era capaz de acertar debaixo do aro rival, o que frustraba o bo traballo en defensa, que facía que Carramimbre esgotase varias veces a posesión. Os fallos en bandexas e debaixo de canastra impedían aos locais consumar a remontada.

Os laranxas xogarán o mércores día 1 de novembro ás 18.00 a domicilio o duelo aprazado ante o Río Ourense Termal e o sábado 4 en idéntico horario recibirán ao Força Lleida.

Esperámosvos a todos para apoiar ao noso equipo nesta importante contenda!






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newman