A Coupe Landolt para as vitrinas do Leyma Coruña, tras imporse ao Scafati Basket (86-80)

Gran partido do Leyma Coruña en Yverdon-Lles-Bains ante o equipo italiano do Scafati cunha ferrea defensa durante o corenta minutos (86-80)

O inicio do partido caracterizouse polo dominio do equipo italiano que presionaba a toda pista e anotaba con facilidade para alcanzar un resultado ao final do primeiro cuarto de 14-23.

Aranzana propón incrementar a intensidade defensiva e propiciar ataques máis longos e mellor estruturados que traen consigo unha redución da diferenza ao descanso: 38-42.

No terceiro cuarto, o equipo coruñés continúa mellorando o seu defensa e controla o xogo interior nas dúas pinturas para un resultado de 60-60.

O último cuarto iníciase con igualdade no marcador pero será o Leyma Coruña a través dunha boa selección dos seus ataques e cun triplo de Carlos Martínez o que rompe esa igualdade cun parcial de 9-0. Nos últimos instantes, Scafati a base de rebote ofensivo e ataques rápidos tenta remontar diferénciaa pero o Leyma Coruña contraresta con ataques posicionales intelixentes e unha gran seguridade nos tiros libres.

Valoración moi positiva da participación internacional do equipo na Coupe Landolt. Conseguiuse dar a coñecer a cidade da Coruña en Suíza e Aranzana e Uzal puideron consolidar o traballo táctico e psicolóxico que iniciaran na nosa cidade.

A pretemporada continúa e o vindeiro mércores 26 ás 20:45 no Palacio dos Deportes de Riazor presentación ante a afección para disputar ante o Club Ourense Baloncesto o XXXII Trofeo Teteresa Herrera de Baloncesto.

Todos ao Palacio a gozar do BA-LON-CES-TO!!!