A Concentración Feminina finaliza cun éxito de participación

Nenas de toda a cidade déronse cita hoxe para pasar a mañá gozando da práctica do baloncesto, moitas delas era a primeira vez que xogaban, mentres que outras xa son unhas expertas neste deporte, pero todas puideron compartir un tempo co balón laranxa e unhas canastras polo medio.
A mañá contou ademais coa presenza de tres xogadores do equipo LEB do Leyma Natura Básquet Coruña, Anxo Hernández, Javi Lucas e Carlos Noguerol, quen participaron no evento e mesmo se atreveron a propor unhas tarefas de pase, tiro e bote.
O éxito de participación e o feito de que quedasen nenas sen poder gozar deste día por superar o límite de inscritos pola instalación dispoñible, fai que o Club se estea expondo a procura doutra data para poder celebrar unha nova concentración que da posibilidade de gozar da experiencia a todas aquelas que o desexen.