Actividades | 01/05/2015 20:00
A Concentración Feminina baixa o pano

Aproveitando o festivo, a mañá do venres 1 de maio celebrouse no pavillón do Ventorrillo unha concentración feminina de baloncesto, organizada polo Club Básquet Coruña.
Co único obxectivo de gozar e dar protagonismo ao baloncesto feminino da nosa cidade, as nenas que participaron gozaron dunha mañá cargada de xogos, adestramentos e competicións.
A visita de Anxo Hernández, xogador do equipo Leb Ouro do Club, ilusionou ás participantes, que aproveitaron para preguntarlle curiosidades da súa experiencia como profesional.
Todo un éxito que esperemos repetir o ano que vén, fomentando desta forma o deporte en xeral e o baloncesto en particular.
Actividades | 20/04/2015 20:00