A asociación Agaela, protagonista da nosa causa solidaria coa Obra Social A Caixa

A asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) será homenaxeada en ?17 partidos, 17 causas? da Obra Social da Caixa no partido deste venres día 28 ás 20.45 ante o Força Lleida.

AGAELA un ano máis, en colaboración co Club Natación Liceo organiza a VIII travesía solidaria a favor dos afectados dela - memorial Fran Otero.

Todos aqueles que queiran mollarse pola ELA poderán facelo o vindeiro sábado 5 de xaneiro de 2019 en calquera dos dous percorridos que previu a organización: 400 metros (con ou sen neopreno) e 1.000 metros (con neopreno). A proba comezará ao once da mañá nas instalacións do Real Club Náutico da Coruña (dique Barrié).

A inscrición será a través dun donativo mínimo de 6 euros e a organización ofrecerá chocolate quente e sortearanse dous neoprenos cedidos por Decathlon, catro caixas Crep de MegaJump e unha cesta de Nadal.

As inscricións poderán realizarse a través da web de AGAELA ata o 3 de xaneiro.
Todos os inscritos poderán obter unha invitación para o duelo ante o Força Lleida. A meta desta travesía solidaria é visibilizar a situación na que se atopan os enfermos dela e recadar fondos para que a investigación siga adiante para atopar unha cura a esta terrible enfermidade.

Nesta edición Agaela quere enxalzar a figura do expresidente e símbolo da loita contra a ELA, Fran Otero, que perdeu a batalla contra a enfermidade en 2016, tras case 20 anos de loita.