Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: TAU Castellón - Leyma Coruña · 09/05/2021 12:00 Castellón || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI FERROL - Basquet Coruña Leyma S · 09/05/2021 19:00 Polideportivo Esteiro || Senior Masc. 2ªDiv: Calvo Artai - Básquet Coruña S · 09/05/2021 12:30 Pavillón Vila de Noia - Zona Escolar || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - Club Baloncesto Cambre · 09/05/2021 19:30 Polideportivo Riazor 1 || Junior Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña J · 09/05/2021 16:30 Polideportivo Municipal Sofía Toro || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 08/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 03/04 - Compañía de María · 09/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña Leyma C · 09/05/2021 17:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 2ªDiv: CB Arteixo - Básquet Coruña Leyma U15 · 09/05/2021 19:30 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 06/05 - Esclavas · 09/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Dominicos - Básquet Coruña U16 · 09/05/2021 19:00 Colegio Salesianos || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Montrove · 08/05/2021 18:30 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Autos Gonzalez Seis do Nadal - Básquet Coruña U13 · 08/05/2021 12:15 Navia || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Salesianos Vigo A · 08/05/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Esclavas · 09/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - Esclavas · 08/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 - Carmelitas Caldaria ALV Femn · 08/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC COsta Artabra · 08/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Mini U12 - Santo Domingo Betanzos · 08/05/2021 16:30 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Montrove · 09/05/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 - Montrove · 09/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Básquet Coruña U10 - Golfiños Sada · 09/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Compañía de María Blanco - Basquet Coruña U9 · 08/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Esclavas - Básquet Coruña Leyma U11 · 08/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Cambre · 09/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U9 - KFC Culleredo · 09/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Basket Xiria 2009 - Basquet Coruña Mini 09 · 09/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-3

Primer equipo | 12/10/2020 21:14

Justin Raffington incorpórase temporalmente ao Leyma Coruña

Justin Raffington se incorpora temporalmente al Leyma Coruña

A Coruña, a 12 de outubro de 2020.

O Club Básquet Coruña SAD anuncia a incorporación do pivot alemán Justin Raffington de forma temporal ao equipo. O xogador que chegou hoxe á Coruña, e unha vez pasado o recoñecemento médico e as probas de Covid-19, espérase que se incorpore aos adestramentos do equipo mañá martes pola mañá. As razóns da súa incorporación foron por unha banda a lesión muscular que arrastra Abdou Thiam desde hai semanas, que non lle permitiu adestrar co equipo durante toda a pretemporada e que ademais será baixa segura, polo menos, no primeiro partido da tempada fronte a Tizona Burgos o vindeiro venres, e doutra banda a baixa inesperada de Perris Blackwell que tivo que viaxar urxentemente ao seu país por motivos familiares e esperamos que poida regresar canto antes.

O xogador alemán, de 29 anos e 2.06m, iniciou a súa carreira aos 17 anos militando no Ehingen equipo da ProB alemá durante dúas tempadas desde 2008 ata 2010, ano no que decidiu dar o salto á NCCA onde militou nas Universidades de San Francisco e en Florida Atlantic University. De volta ao seu país na tempada 2015-2016 formou parte do Gladiators Trier (PROA alemá), para continuar durante tres tempadas ao Hamburg Towers (tamén na PROA), ata que a pasada tempada puxo rumbo ao medi Bayreuth ata xaneiro (co que participou en eurocup) e despois no Rasta Vechta (co que participou en Champions League), dous equipos da división de honra alemá.

Justin é un xogador con moita experiencia, que xogou competicións europeas, e que rendeu a un bo nivel tanto na súa etapa en NCAA como en Alemaña. Trátase dun bo xogador de equipo, que debido á súa experiencia esperamos que poida achegar ao equipo desde o primeiro momento. Destaca na súa faceta defensiva e reboteadora, sen renunciar á anotación cunha alta efectividade nas proximidades do aro. O club quere desexarlle ao novo xogador moita sorte e éxito nesta nova etapa, e darlle a benvida ao que será o seu novo equipo e cidade.

Cambios no corpo técnico e na canteira. Por outra banda, o club tamén quere anunciar a incorporación do adestrador da canteira Carlos Penedo ao corpo técnico do primeiro equipo. Carlos é adestrador superior de baloncesto e forma parte do club desde hai moitos anos adestrando a categorías inferiores, sumar ao proxecto de Leb Ouro, onde se unirá a Sergio García e Román Gómez. Desde o club estamos encantados que un adestrador da casa pase a formar parte do corpo técnico do primeiro equipo, sendo un exemplo para todos os adestradores da canteira. O club quere tamén felicitarlle e desexarlle moita sorte neste reto ao novo membro do corpo técnico.

Pola súa banda Charlie Uzal incorpórase como adestrador dos xogadores e equipos novos das categorías basee. A súa incorporación supón un ?gran fichaxe? para a canteira, xa que será un luxo para os mozos poder contar cos seus coñecementos como xogador e como adestrador, grazas a todos os seus anos de experiencia. Charlie seguirá parcialmente vinculado ao equipo de LEB ouro en labores de tecnificación e scouting.

Estamos seguros de que o compromiso e crecemento tanto de Justin como de Carlos, permitirán ao club laranxa alcanzar novas cotas na LEB Ouro e gozar do xogo do equipo a todos os afeccionados da #FamiliaNaranja.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city