Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 10/01/2017 17:27

Xogadores do Leyma Coruña visitan aos nenos hospitalizados no Materno Infantil

Jugadores del Leyma Coruña visitan a los niños hospitalizados en el Materno Infantil

Os xogadores do Leyma Coruña Anxo Hernández, Joan Creus, Sergio Olmos e Gediminas Zyle, acompañados polo presidente do club baloncestístico Juan Carlos Fernández, visitaron esta tarde aos nenos e nenas ingresados no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña. Con eles pasaron un bo intre de charla e compartiron afecto, ilusións e agasallos que axuden a facer máis entretida a súa estancia no centro médico e que sen dúbida levarán consigo no seu regreso ás súas casas. 

Esta iniciativa forma parte do labor solidario que o Leyma Coruña desenvolve ao longo de toda a tempada co apoio da Obra Social "la Caixa" baixo o programa "17 partidos, 17 causas".

Os mozos pacientes do Hospital Materno Infantil non son os únicos que recibiron a calor da familia laranxa nestas datas aínda próximas ao Nadal. Antes da festividade dos Reis Meigos, o club baloncestístico fixo entrega a Cáritas dos xoguetes recolleitos na campaña organizada pola entidade deportiva con ocasión do último encontro disputado polo equipo LEB Ouro en Riazor, o pasado mércores 4 fronte á Maxia Huesca. Os xoguetes doados ao club pola afección laranxa haberán contribuído un ano máis a materializar o desexo de que os Reis Meigos poidan chegar ás casas de todos os nenos e nenas da cidade.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city