Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 21/10/2015 23:42

Xogadores do Leyma Básquet Coruña visitan na Asociación Arela a nenos e adultos con diversidade funcional

Jugadores del Leyma Básquet Coruña visitan en la Asociación Arela a niños y adultos con diversidad funcional

Os xogadores Ben Stelzer, Sergio Olmos e Joan Creus, do primeiro equipo do Club Leyma Básquet Coruña, visitaron esta tarde as instalacións da Asociación Arela, situada en Cambre, dedicada a atender a nenos e adultos con discapacidades de tipo físico, psíquico ou sensorial.
Os deportistas puideron charlar e transmitir o seu apoio e afecto a algúns dos beneficiarios, ademais de coñecer o labor que se realiza con estas persoas, que ven mellorada a súa calidade de vida e a súa inserción social a través de terapias de rehabilitación adecuadas, próximas e alcanzables para os usuarios e as súas familias, así como a través da participación en actividades de lecer, cursos e charlas informativas.
A Asociación Arela naceu en 2007 en resposta ás inquietudes dun pequeno grupo de familias con necesidades e experiencias comúns, que tratan de darse apoio e buscar solucións aos problemas que xorden da convivencia coa discapacidade.
Actualmente está formada por 32 familias e atende a 23 persoas, dos que 17 son nenos e nenas de entre 2 e 18 anos. Dispón dun local social cedido polo Concello de Cambre no que diversos profesionais desenvolven sesións de fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional, que se complementan con outras terapias levadas a cabo en instalacións e recursos externos, como actividades acuáticas, equitación adaptada, psicopedagoxía e psicoloxía familiar.
A visita dos xogadores do equipo LEB Ouro do Club Leyma Básquet Coruña enmárcase no programa solidario que desenvolve a entidade baixo a lema ?15 Partidos, 15 Causas?, que patrocina a Obra Social da Caixa. O labor da Asociación Arela será a causa social á que o Club dará visibilidade este domingo durante o descanso do derbi contra os Cafés Candeas Breogán no Palacio dos Deportes de Riazor, co fin de contribuír á sensibilización social e favorecer a recadación de fondos que fagan viable a continuidade do traballo da Asociación. Para iso, mediante un donativo, os espectadores poderán adquirir as camisetas da asociación que locen os nosos xogadores.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar