Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Actividades | 13/11/2015 19:45

Xogadores do Leyma Básquet Coruña manifestan o seu apoio á loita contra a diabetes

Jugadores del Leyma Básquet Coruña manifiestan su apoyo a la lucha contra la diabetes

Os xogadores Anxo Hernández, Jesús Castro e Joan Creus, do primeiro equipo do Club Leyma Básquet Coruña, visitaron hoxe a carpa informativa instalada na Praza de Lugo pola Asociación Coruñesa de Persoas con Diabete (ACODI) para concienciar á poboación sobre a importancia de previr e controlar esta enfermidade, aproveitando que hoxe se celebra o Día Mundial da Diabetes.

Os deportistas puideron manifestar o seu respaldo á loita contra esta patoloxía e en favor do seu diagnóstico precoz e adecuado tratamento, así como coñecer o traballo que ACODI realiza na Coruña en prol destes obxectivos.

A organización coruñesa, que desde 2006 desenvolve o seu labor nun local municipal da Avenida de Arteixo 85, presta servizos de asesoramento diabetológico, xurídico e podológico ás persoas afectadas por esta enfermidade, á vez que dedica un importante esforzo a promover a mellora dos recursos para o control e tratamento da diabetes, con especial fincapé na educación diabética, tanto entre os pacientes como entre os profesionais da saúde.

Nesta liña enmárcase o manifesto feito público pola Federación Galega de Asociacións de Diabetes, presidida por Dores Rama, quen exerce o mesmo cargo á fronte de ACODI. O manifesto solicita á Consellería de Sanidade a posta en marcha dun plan realista que aborde esta enfermidade, con calendario e orzamento concretos, así como a formación dos sanitarios nesta materia, a reorganización das axendas dos profesionais da Atención Primaria para a adecuada asistencia aos diabéticos e, finalmente, a aprobación dun protocolo de atención aos escolares afectados.

ACODI é a entidade protagonista do programa solidario que o Club Leyma Básquet Coruña desenvolve baixo a lema "15 Partidos, 15 Causas", co patrocinio da Obra Social da Caixa. Por tal motivo, o Club dará visibilidade ao seu traballo na loita contra a diabetes este domingo durante o descanso do partido contra as Penas Huesca no Palacio dos Deportes de Riazor, co fin de contribuír á sensibilización sobre a importancia de combater unha enfermidade que crece de forma alarmante no mundo, incluída a poboación máis nova.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor