Xogadores das nosas categorías basee participan en citas autonómicas e nacionais

Este último fin de semana de primavera o Club Basquet Coruña estivo moi ben representado en diversas convocatorias das federacións de baloncesto galega e nacional.

Comezando polas citas autonómicas, a Xuntanza Premini da FGB reuniu o domingo en Noia ao sete selecciones da categoría Preminibasket Zonal, masculina e feminina. O catorce equipos e os dous combinados galegos dos nados en 2007 participaron nunha xornada de seguimento técnico nun ambiente de convivencia e espírito lúdico, que congregou a 160 xogadores.

Entre eles, gozaron da concentración os nosos xogadores Daniel Villar García, como parte parte do combinado Galicia 2007 Masculina, así como Carolina Gómez Igrexas e Eugenia Sánchez Castelo ?Coruña Feminino- e Aaron Souto Sante e Roi Comesaña Seoane ?Coruña Masculino-.

CETI autonómico cadetes

O mesmo día pero en Cambados, os cadetes de primeiro ano participaron nun novo CETI autonómico, masculino e feminino. Á sesión de seguimento foron convocados os laranxas Rubén Souto Sante e Pablo López Rubio, que xunto con outro trece xogadores das delegacións de Arousa, Ferrol, Santiago e Ourense adestraron ás ordes de Héctor Méndez Vidal.

Preparación para o campionato nacional 3x3

Finalmente, a terceira cita do día tivo como escenario Santiago de Compostela, que acolleu un adestramento de preparación para o Campionato de España Junior 3x3 de seleccións autonómicas que terá lugar en Valencia este fin de semana, os días 25 e 26 de xuño.

Óscar Pérez Villamarín, xogador do noso equipo junior de primeira división, forma parte da selección galega que disputará esta primeira edición dun torneo co que se pretende seguir impulsando unha modalidade baloncestística en auxe e no que participarán un total de 30 equipos masculinos e 30 femininos de 17 Federacións Autonómicas.

De acordo co calendario sorteado, Galicia medirase no Grupo D contra equipos de Asturias, Estremadura e Madrid. O formato da competición é de oito grupos de catro equipos nos que os dous primeiros pasan ás eliminatorias directas polo título, con oitavos, cuartos, semifinais e final.

Óscar Pérez Villamarín defenderá as cores de Galicia xunto cos seus compañeiros Enrique Melini Pose (EB Xiria), Samuel Antón Barros (AD Santiago Apóstolo) e Sergio Valdés (FEDESA), todos eles baixo a batuta do técnico Iago Rodríguez Palmeiro.