Equipos base | 13/03/2014 22:40
Xogadores da base adestrando co primeiro equipo

As nosas categorías basee están de parabén. Debido ás lesións que están a castigar ao primeiro equipo, Pablo López-Pizarro, xogador do Junior de 1º división, comezou esta semana a adestrar co persoal de LEB Ouro. Sen dúbida un merecido premio ao traballo e dedicación realizado por Pablo en todos estes anos desde que chegou ao club cando tan só era un alevín.
Pablo únese desta maneira a Gerardo Dorda e Rubén Rei, do equipo Senior 1º división, como os xogadores formados no club que están a adestrar este ano co equipo de LEB Ouro. Cabe destacar ademais que esta semana, tanto Gerardo como Rubén están en Navarra para axudar en todo o que poidan ao primeiro equipo no partido que se disputará este venres ante o Planasa Navarra.
Parabén a todos e a seguir traballando.