Equipos base | 27/03/2016 00:57
Xornadas de convivencia entre os equipos femininos do Básquet Coruña e o Universitario de Ferrol

Os nosos equipos femininos do club das categorías alevín, infantil, cadete e junior gozaron este sábado dunhas xornadas de convivencia cos conxuntos do Universitario de Ferrol. A expedición formada tanto polos conxuntos como por tres dos adestradores do club (María Gras, Iria Uxia e Diego Fernández) viviu unha xornada deportiva.
Un conxunto alevín, dous infantís (un de liga local e outro de galega) e un combinado formado por xogadoras cadetes e junior completaban a expedición laranxa. Dentro do grupo alevín, destacar que acudiron dúas xogadoras de escola e mesmo unha benjamín.
Os partidos, contra os equipos homólogos do club ferrolán, disputáronse en tres sedes: o pavillón municipal de Esteiro, no colexio e na Casa do Deporte. Estes celebráronse en horario de mañá e tarde. Para finalizar a xornada vespertina, as nosas xogadoras puideron gozar do encontro de Liga Feminina que enfrontou ao Star Center Universitario de Ferrol ante o Cadi A Seu.
Equipos base | 16/03/2016 00:57