JOAN CREUS INCORPÓRASE Ao PERSOAL DO BÁSQUET CORUÑA

Novo paso na conformación do primeiro equipo do Club Leyma Básquet Coruña. Nesta ocasión o conxunto apontoa a súa liña exterior coa fichaxe de Joan Creus, un xogador polivalente para as posicións de base ou escolta, que foi  internacional en categorías basee e que vén á nosa cidade co obxectivo de afianzarse como xogador de nivel en Leb Ouro, con vistas a poder consolidarse en ACB no futuro.

Joan Creus ofrece un xogo disciplinado e táctico, de gran velocidade e forte defensa, ademais de ser bo tirador en situacións de xogo estático. Outra das súas virtudes é o 1x1 en carreira, finalizando con penetración.

Na pasada tempada comezou defendendo as cores da Unión Financeira Oviedo na Leb Ouro, onde promedió catro puntos, dous rebotes e dúas asistencias en 18 partidos e 16 minutos xogados por partido. En marzo fichou polo Movistar Estudantes, inicialmente para competir no filial, pero onde adestrou e chegou a xogar co equipo ACB.

Joan Creus formouse baloncestísticamente no FC Barcelona, pasando polas categorías inferiores desde 2005 a 2009, competindo en Leb Prata entre 2010 e 2012, e finalmente en Leb Ouro na tempada en 2012-2013. A súa primeira incursión na liga Endesa foi da man do Bàsquet Manresa (A Bruixa d'Or), que o chamou a xogar en marzo de 2013, onde continuou toda a tempada seguinte, 2013-2014.

Sen dúbida, o xogador oriúndo de Granollers e procedente dunha destacada saga baloncestística –fillo de Chichi Creus e sobriño de Jordi Creus-, colmará as expectativas que xera a súa boa progresión e contribuirá a que todo o sentimento laranxa goce de grandes veladas no pavillón de Riazor.