Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 11/03/2016 13:44

Javier Rodríguez dirixe a nosa próxima xornada para adestradores

Javier Rodríguez dirige nuestra próxima jornada para entrenadores

Antes de chegar ás vacacións de Semana Santa terá lugar unha nova sesión das xornadas de formación organizadas polo noso Club para técnicos de baloncesto baixo o título "E ti como adestras?". Nesta ocasión o relator será Javier Rodríguez, que tratará sobre "Estructuración da sesión e unidade básica de adestramento".

Como nas anteriores citas, esta actividade de carácter gratuíto celebrarase na Polideportiva de Riazor 2 ás 22:30 horas, e está aberta a todos os adestradores/as da cidade e área metropolitana.

Os interesados en asistir á xornada formativa poden inscribirse a través do correo club@basquetcoruna.es e o teléfono o Club, o 981 264 022. Os participantes serán recoñecidos pola Federación Galega de Baloncesto con tres horas complementarias de formación, de cara a obter a titulación de adestrador.

A seguinte charla -a quinta dun total de nove sesións ata o mes de xuño- será xa á volta das vacacións, o 31 de marzo, no mesmo lugar e hora. O responsable da sesión será Javier Cotelo, quen abordará o tema "Aprendendo a adestrar a defensa individual".








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city