Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 01/07/2020 12:50

Javi Veiga, segunda incorporación do Leyma Coruña

Javi Vega, segunda incorporación del Leyma Coruña

A Coruña, a 1 de xullo de 2020. O Club Básquet Coruña SAD anuncia a incorporación de Javi Veiga (2.05m) como novo xogador do persoal do equipo LEB Ouro. A á-pivot de 32 anos, incorpórase á disciplina do Leyma Coruña tras 5 tempadas exercendo como capitán no San Pablo Burgos, equipo do que foi un dos grandes artífices do ascenso a ACB na tempada 2016/17. Nesta categoría xogou as últimas 3 tempadas, alcanzando recentemente o seu maior éxito coa disputa das semifinais da liga Endesa recentemente concluída. Forma parte da selección española de 3x3 e foi convocado pola selección española absoluta cando militaba en Leb Ouro en 2017, todo un fito ao ser o primeiro xogador en logralo desde a categoría de prata do baloncesto nacional.

Javi Veiga é un xogador que achega moita intelixencia no xogo. Xogador moi completo e comprometido, que destaca por ser capaz de abrir o campo grazas ao seu bo lanzamento desde a liña de tres puntos que combina coa súa capacidade de xogar e anotar desde posicións máis próximas ao aro.

Javi Veiga incorpórase ao Leyma Coruña atraído polo proxecto de crecemento deportivo do club, o estilo de xogo que propón a dirección técnica liderada por Sergio Garcia, e decidido a volver ser un xogador referente e cun rol moi importante nos éxitos deportivos da entidade laranxa.

O club quere desexarlle ao novo xogador moita sorte e éxito nesta nova etapa, e darlle a benvida ao que será o seu novo equipo e cidade. Estamos seguros de que o seu compromiso e crecemento permitirán ao club laranxa alcanzar novas cotas na LEB Ouro e gozar do seu xogo a todos os afeccionados en #OFornoDeRiazor.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi