Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 02/01/2018 12:08

Inicio da segunda quenda do Campus de Nadal

Inicio da segunda quenda do Campus de Nadal

O Campus de Nadal do Básquet Coruña comeza esta mañá a súa segunda quenda, que se prolongará ata o 5 de xaneiro. Nesta ocasión a actividade desenvolverase nas instalacións do colexio Calvo Sotelo.

Será unha nova oportunidade para que os participantes inicien ou, no seu caso perfeccionen, as habilidades específicas do baloncesto, desde un punto de vista de lecer deportivo e educativo.

O horario, do mesmo xeito que a anterior quenda, será de 09.30 horas a 14.00 horas, e durante a mañá os participantes recibirán un xantar, cortesía de Sanbrandán e teranse en contas as alerxias alimentarias especificadas.

Lembramos que as incidencias nas horas de chegada ou recollida deberán ser comunicadas ao monitor/a. Se ten lugar algunha incidencia en forma de lesión, o monitor/a de o grupo na que esta se produza comunicará o protocolo a seguir co seguro contratado. 

É aconsellable que os participantes leven chándal, zapatillas de deporte, pantalón curto e camiseta. Así mesmo, poderán levar roupa para ducharse. Pola contra, recoméndase que leven máis dunha camiseta para poder cambiarse. Así mesmo, pedimos que cada un porte un botello de auga individual.

Os adestramentos combinarán partes predominantemente técnicas, con outras de traballo coordinativo, momentos de xogo e concursos. Todas estarán adaptadas á idade de cada grupo. Así mesmo, a través do correo electrónico e da nosa web procurarase informar o transcurso de cada xornada así como a dinámica programada ao día seguinte, se esta ten algunha connotación especial.

Ademais, todos os participantes do noso Campus do Nadal, así como os seus pais e nais, estarán convidados o domingo 7 ás 17.30 horas ao encontro de Leb Ouro que xogará o noso Leyma Coruña no Palacio dos Deportes de Riazor ante o Clavijo.

Para poder acudir ao partido só deberán pasar polo despacho de billetes a recoller as súas invitacións e dar o nome do neno ou nena indicando que formaron parte do campus. Ademais, aproveitarase á conclusión deste encontro para sacar a tradicional foto de familia con todos os participantes, polo que será necesario que todos os nenos e nenas traian a camiseta conmemorativa que recibirán como obsequio ao finalizar o Campus.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar