Primer equipo | 10/03/2018 13:22
Importante vitoria do Leyma Coruña ante o Club Baloncesto Melilla (58-85)

O Leyma Coruña impúxose ao cuarto clasificado, o Club Baloncesto Melilla (58-85) que só perdera dous encontros na súa casa neste curso, e continúa mostrando a súa candidatura ao play-off de ascenso a ACB.
Os coruñeses entraron mal o partido, chegando a porse dez abaixo nos primeiros compases (5-15), renda coa que finalizarían o primeiro período (21-11).
O segundo cuarto seguía sendo similar, cos laranxas por baixo, aínda que se empezaban a ver visos de onde podía estar o partido, con conexións das bases tanto con Olmos como con Sonseca, e unha defensa zonal con varias alternativas que puña en problemas aos de Alejandro Alcoba (36-39).
No terceiro acto cambiaba o encontro. Un parcial 0-10 ao comezo deste período esnaquizaba aos locais (43-56), e deixaba o encontro encarrilado, non só pola diferenza no luminoso, se non tamén polas sensacións mostradas no parquet.
Encaraban os coruñeses o último acto cunha vantaxe cómoda (45-61) e o Leyma Coruña non levantaba o pé, chegando a porse 30 arriba a un minuto do final (53-83). Nin sequera eran capaces de maquillar o resultado final os melillenses, que perdían de forma clara (58-85).
O próximo partido do Leyma Coruña será en Riazor, o vindeiro venres día 16 ás 21.00 horas ante o Tau Castelló.
Primer equipo | 08/03/2018 13:22