Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 03/01/2018 09:08

Hoxe dá comezo o XII Torneo Teresa Herrera de Minibásquet do Club Básquet Coruña

Hoy da comienzo el XII Torneo Teresa Herrera de Minibásquet del Club Básquet Coruña

Grazas ao apoio de institucións e entidades públicas e privadas, que colaboran co Básquet Coruña, é posible, de novo, sumar unha edición ao Torneo Teresa Herrera de Minibásquet.

Durante todo o día de hoxe e de mañá ponse en marcha de novo esta competición que pretende brindar unha gran experiencia aos mozos deportistas que practican baloncesto e no que puxemos todo o noso empeño e ilusión para chegar, e mesmo mellorar, o nivel que vén mostrando en edicións anteriores.

Equipos galegos, bercianos e leoneses así como a selección Galega, todos eles de categoría minibásquet , tanto en categoría masculina como feminina enfrontaranse en sistema de liga dunha volta en seis grupos(tres masculinos e tres femininos) de catro equipos cada grupo. Os primeiros de cada grupo e o mellor segundo (obtido en liguiña previa entre o catro segundos) disputan as semifinais. Mentres os terceiros e cuartos xogan en sistemas de liguiña (terceiros contra terceiros e cuartos contra cuartos) para clasificarse do 7 ao 12.Haberá ademais concurso de triplos.

Os equipos participantes son os seguintes:

Colexio Leonés

Culleredo 

Selección Galega 2007

C.B Maristas Lugo

Novobásket Vigo

Básquet Coruña

Marín Peixegalego

Baloncesto Ponferrada

Montrove

BBCA

Academia Celta

6,25 Ponferrada

Pontumio

Galés Ensino/ Maristas

Salesianos Vigo

B.F León

Para levar a cabo a competición usaranse catro recintos deportivos na cidade herculina: Polideportiva Municipal Riazor 1, Polideportiva Municipal Riazor 2, Polideportivo Agra 2 e Polideportivo A Normal.

Os horarios e cuadrantes dos partidos pódense descargar no arquivo adxunto ao final da noticia.

Convidámosvos a todos a gozar destas xornadas deportivas; participantes, público, colaboradores. A acudir ás instalacións para vivir en directo a práctica do baloncesto nas mans dos mozas xogadores e xogadoras e a seguirnos a través das redes sociais para non perdervos nada do que ocorra.

Con ganas de que empezo xa a competición e de saber que equipos desbancarán aos actuais campións: o Novobasket Vigo de categoría masculina e a Academia RC Celta en categoría feminina.

Esperámosvos a todos no All Star XII Torneo Teresa Herrera de Minibásquet!

INSTAGRAM @basquetcoruna

TWITTER @basquetcoruna

FACEBOOK @basquet.coruna

Documentos adjuntos

cuadrante-partidos-xii-torneo-teresa-herrera-minibasket.pdf






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar