Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 21/04/2014 12:09

Ata aquí chegou a 2013/14

Hasta aquí ha llegado la 2013/14

Tras unha grandísima tempada, o equipo non puido superar esta primeira rolda das eliminatorias polo ascenso á liga ACB e caeu eliminado ante a Unión Financeira Oviedo tras perder o partido de onte por 76 a 67.
O partido de onte foi un partido moi igualado durante os 40 minutos e que levou o equipo que estivo máis acertado nos momentos decisivos do mesmo. Durante a primeira parte foi o Leyma Natura quen estivo durante máis tempo por diante no marcador aínda que con vantaxes mínimas que apenas chegaron aos 4 puntos, ata que nos instantes finais do segundo cuarto un arreón dos locais e varias accións de canastra tras rebote ofensivo púxoos por diante. Con 3 puntos de desvantaxe fómonos ao descanso (44-41)
A segunda parte comezou cunha nova arremetida dos locais que foron aumentando paulatinamente a vantaxe no marcador ata alcanzar os 10 puntos ao termo do terceiro período.
O equipo deu un paso adiante no último cuarto e non estaba disposto a terminar o ano sen dar un último esforzo e comezou a recortar distancias no marcador ata colocarse a un só punto a pouco máis de 3 minutos para o final. Unhas imprecisións finais e o maior acerto dos locais fixo que a Unión Financeira levase o partido e a eliminatoria.
Con esta derrota, péchase a tempada do Leyma Natura Básquet Coruña 2013/14. Unha tempada magnífica na que o equipo rendeu a un nivel altísimo e relacionouse cos mellores durante gran parte da tempada.
O Leyma Natura Básquet Coruña desexa agradecer a todos os xogadores, afeccionados, colaboradores e patrocinadores o apoio mostrado durante todo o ano.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city