Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 15/02/2018 12:51

Gustavo Aranzana apela a facer un ?partido excelente? para imporse ao CB Prat

Gustavo Aranzana apela a hacer un “partido excelente” para imponerse al CB Prat

O Leyma Coruña regresa mañá ao Palacio dos Deportes de Riazor ás 21.00 horas onde espera a visita do CB Prat. A escuadra adestrada por Arturo Álvarez é segunda na clasificación, cun balance de 17-5, e gañou, con máis dificultade da prevista a pasada semana ao Sammic Hostalaría (76-72).

Gustavo Aranzana prevé un encontro moi esixente, no que os seus pupilos terán que dar o cento por cento para levar a vitoria, tras non poder gañar a Carramimbre Valladolid, ao non estar "ben defensivamente nalgúns momentos do partido, nin con acerto no tiro de tres".

Á marxe do Breogán, indicou que "todos os equipos gañan con dificultades" e indicou que o encontro é "de vital importancia e está sinalado" para a escuadra coruñesa. "Ao vir dunha derrota temos que tentar conseguir a vitoria canto antes, non podemos enlazar derrotas seguidas e imos ter que facer un partido excelente e completísimo para gañar a un moi bo equipo". Tentarao con todos os seus efectivos dispoñibles, excepto a baixa, por lesión, de Larry Abia.

Con respecto ao seu rival, Aranzana desfíxose en eloxios. "Ten un gran persoal, unha boa dinámica de xogo, con boas porcentaxes en recuperacións de balón, carga moi ben o rebote ofensivo, o que lles dá moita produción en segundas opcións de tiro, e estrutura moi ben o contraataque. Ademais, conta con bos penetradores como Campbell e Agada, incorporar a Saúl Branco é un luxo e interiormente son o equipo con máis centímetros, con xogadores como Cate ou Martí... En definitiva un equipazo", indicou.







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi