Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Fisiogal Centro de Fisioterapia - Basquet Coruña Leyma S · 29/11/2020 19:00 La Salle || Senior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña S · 28/11/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Maristas Coruña · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalia · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - KFC Culleredo · 29/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Montrove · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U12 · 29/11/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC Culleredo · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 30/10/2019 23:41

Gasolina Laranxa

Gasolina Naranja

Está claro. Este encontro fronte a Marín tivo un nome propio, o de Perris Blackwell. A pesar de que o comezo do encontro non foi moi afortunado para o Leyma Coruña, en canto a tiros libres e triplos, os xogadores souberon reaccionar e plantarlle cara ao Peixe.

O primeiro cuarto comezou con escasa fortuna laranxa, pero ao finalizar os primeiros 10 minutos, estaban a só un punto do equipo marinense. Así, o segundo período foi similar, sobre todo, pola formulación do encontro levado a cabo polo técnico dos locais.

Con todo, ao retorno do descanso, a fe e a seguridade demostrada polo Leyma, sobre todo grazas ao gran traballo en defensa (deixando ao Marín por baixo dos 50 puntos), axudaron a impor o xogo exposto por Sergio García e axudaron ao equipo a crecer aos poucos.

Pero sen dúbida, o home a destacar está claro. O pivote americano esnaquizou a zona do Peixe, volvendo tolos aos seus defensores, que non puideron facer nada para frearlle. Números de escándalo (19 puntos e 11 rebotes), un dobre-dobre que lle outorgou unha valoración de 27.

E aínda que parecía que a vitoria aínda non estaba decidida, Pecius empatando o partido nada máis empezar o último cuarto e Perris esnaquizando a zona foron o detonante do encontro, conseguindo un parcial de 6-19 para os visitantes, a falta de 3 min. A gasolina mostrada polos laranxas nos últimos puntos anotados por Perris, foron a definición perfecta para liquidar o encontro. 7-26 no último cuarto e cuarta vitoria consecutiva.

Pero agora non é momento de celebrar, toca pensar no encontro deste domingo ás 18:00 horas en #OFornodeRiazor fronte a Oviedo.









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citymarineda city