Formación continua adestradores

O vindeiro luns día 1 ás 22:00 horas no Instituto Sardiñeira continuamos co programa de formación de adestradores de Básquet Coruña. Neste caso a persoa convidada será Liño López, actual adestrador do Universitario de Ferrol de Liga Feminina e no pasado xogador do noso club.

Durante aproximadamente unha hora Liño falará do seguinte:

" Ataque por conceptos para categorías basee e principais diferenzas percibidas como adestrador entre baloncesto masculino e feminino"

Esta charla atópase incluída  no programa de formación para adestradores de Básquet Coruña e súmase ás xa realizadas en pasados meses por Perico Díaz, Chiqui Barros, Charlie Uzal, Gonzalo Rodríguez, Fernando Buendía, Gustavo Gago e Carlos Cortés. A actividade é gratuíta e está aberta a todos os afeccionados ao baloncesto.