Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Equipos base | 11/01/2018 16:30

Fernando Buendía novo adestrador do Básquet Coruña de Liga EBA

Fernando Buendía nuevo entrenador del Básquet Coruña de Liga EBA


Tras a marcha por motivos persoais de Sergio Cubeiro, ao que agradecemos o traballo realizado e desexámoslle moita sorte, o coruñés Fernando Buendía farase cargo da dirección do noso equipo filial que disputa a liga EBA.

Buendía vén de adestrar en 2017 ao Durán Maquinaria Ensino de categoría feminina, no que permaneceu desde o inicio da campaña pasada ata novembro de 2017, mes no que presentou a súa dimisión como adestrador do equipo lucense.

Na súa traxectoria consta unha fase de ascenso a Liga Feminina 2 co Club Maristas Coruña, e unha extensa e longa experiencia no noso propio club, onde traballou e formouse durante 9 anos. Volve ao banco de liga EBA do Básquet Coruña co que xa disputou dúas tempadas, unha en Liga Nacional ( Ascenso) e en Liga EBA ( permanencia). Adestrou tamén a equipos da canteira laranxa participando sete tempadas en Liga Galega, e chegando en catro a Campionatos de España.

Implicado na transmisión dos valores que nos diferencian no club tales como o traballo e a educación desde a base, Fernando Buendía chega para coller ao equipo máis novo da liga, composto integramente por xogadores nacionais en formación.

O debut no banco de Buendía será este domingo 14 de xaneiro ás 17:00 fronte ao ULE Ingenova Fundación CB León.







non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city