Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Fisiogal Centro de Fisioterapia - Basquet Coruña Leyma S · 29/11/2020 19:00 La Salle || Senior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña S · 28/11/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Maristas Coruña · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalia · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - KFC Culleredo · 29/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Montrove · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U12 · 29/11/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC Culleredo · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo

Actividades | 13/05/2018 20:10

Este verán os mellores saltos non os imos a dar en San Juan. Apertura de inscricións do Campus Milenium!

Este verano los mejores saltos no los vamos a dar en San Juan. ¡Apertura de inscripciones del Campus Milenium!

Un ano máis, e xa son veintitres sen faltar á cita, abrimos a inscrición para un novo Campus Milenium, dirixido a nenos e nenas de 5 a 15 anos (nados/as de 2002 a 2013). Unha nova oportunidade de promocionar o baloncesto nun contexto de lecer educativo no que se realizan ao longo do día innumerables actividades multideportivas. O campamento desenvolverase os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño, 2, 3, 4, 5 e 6 de xullo, as dúas primeiras semanas  de vacacións escolares como vén sendo habitual. Con todo, e atendendo ás múltiples peticións recibidas polos participantes e as súas familias, ofértase unha semana máis opcional os días 9, 10, 11, 12 e 13 de xullo.

Como é un día no Campus Milenium?

Cada día comeza ás 9:00 horas e finaliza ás 18:00 horas. Estrutúrase en catro bloques de actividade. Dous deles son de baloncesto, pola mañá con contidos de aprendizaxe e pola tarde con contidos máis lúdicos. Os outros dous bloques son recreativos, con actividades ao aire libre, piscina, canoas, escalada, talleres, visitas, etc. Tamén temos xornadas especiais con excursión dun día completo. Seguindo a experiencia dos dous últimos veráns, seguiremos contando coas mellores asociacións e clubs deportivos coruñeses para desenvolver todas esas actividades diferentes, garantindo así facelas cos mellores.

Onde se celebra o Campus?

As instalacións previstas son o Polideportivo Agra 2, o Pavillón do Colexio Calvo Sotelo e A Normal (antiga Escola de Maxisterio). Ademais realizaranse varias saídas durante o campus para levar a cabo actividades noutras localizacións.

Prezo

O prezo da inscrición no Campus Milenium é de 275 euros, incluíndo xantar e merenda. A os xogadores/as do club, colexios e clubs vinculados, Comunidade UDC ou inscricións do segundo irmán aplícaselles un prezo reducido de 235 euros. Ademais, quen se inscriban antes do 11 de maio benefícianse dun desconto do dez por cento, acumulable ao desconto para aquelas familias que inscriban a máis dun irmán, que teñen un dez por cento de desconto a partir do segundo.

Aqueles que se acollan á opción da terceira semana terán un custo total de 400 euros (350 ? para os que teñan dereito a prezo reducido), cos mesmos descontos explicados anteriormente.

En caso de precisar servizo de autobús, o seu prezo é de 50 euros para as dúas semanas, e 75 euros para os que escollan o tres.

Inscrición e prazos

A inscrición pódese facer en liña a través da web: www.basquetcoruna.com, ou ben, entregando o boletín de inscrición e facendo o pago nas oficinas do Club: Arquitecto Rei Pedreira, 3 15011 A Coruña - Tel.: 981 264 022 (horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas), e estará habilitada ata o 22 de xuño.

Máis información e inscrición en liña









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citymarineda city