Este sábado, sesión informativa sobre o Campus Milenium

Este sábado 24 de xuño o club celebra unha sesión informativa de presentación do Campus Milenium dirixida ás familias de todos os participantes. O lugar de celebración foi modificado sobre a previsión inicial ?polideportiva Riazor 2-, de modo que finalmente a cita será no Polideportivo Agra 2 ás 18:00 horas.

Nesta reunión informaremos de todo o necesario para o desenvolvemento do Campus e presentaremos aos monitores de cada grupo.

Hoxe mércores deuse por pechado o prazo de inscricións, xa que se esgotaron as prazas diponibles para esta actividade que gozarán un total de 200 nenos e nenas. Vémonos moi pronto!