Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: TAU Castellón - Leyma Coruña · 09/05/2021 12:00 Castellón || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI FERROL - Basquet Coruña Leyma S · 09/05/2021 19:00 Polideportivo Esteiro || Senior Masc. 2ªDiv: Calvo Artai - Básquet Coruña S · 09/05/2021 12:30 Pavillón Vila de Noia - Zona Escolar || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - Club Baloncesto Cambre · 09/05/2021 19:30 Polideportivo Riazor 1 || Junior Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña J · 09/05/2021 16:30 Polideportivo Municipal Sofía Toro || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 08/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 03/04 - Compañía de María · 09/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña Leyma C · 09/05/2021 17:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 2ªDiv: CB Arteixo - Básquet Coruña Leyma U15 · 09/05/2021 19:30 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 06/05 - Esclavas · 09/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Dominicos - Básquet Coruña U16 · 09/05/2021 19:00 Colegio Salesianos || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Montrove · 08/05/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Autos Gonzalez Seis do Nadal - Básquet Coruña U13 · 08/05/2021 12:15 Navia || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Salesianos Vigo A · 08/05/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Esclavas · 09/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - Esclavas · 08/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 - Carmelitas Caldaria ALV Femn · 08/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC COsta Artabra · 08/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Mini U12 - Santo Domingo Betanzos · 08/05/2021 16:30 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Montrove · 09/05/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 - Montrove · 09/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Básquet Coruña U10 - Golfiños Sada · 09/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Compañía de María Blanco - Basquet Coruña U9 · 08/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Esclavas - Básquet Coruña Leyma U11 · 08/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Cambre · 09/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U9 - KFC Culleredo · 09/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Basket Xiria 2009 - Basquet Coruña Mini 09 · 09/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-3

Equipos base | 26/01/2017 10:59

"Adestrando con Chiqui Barros?, nova actividade formativa do Club para os seus mozos técnicos

“Entrenando con Chiqui Barros”, nueva actividad formativa del Club para sus jóvenes técnicos

Dentro da súa aposta por mellorar a formación dos adestradores de todas as súas categorías, o Club Básquet Coruña pon en marcha hoxe a súa nova actividade "Adestrando con Chiqui Barros". Nela, o técnico ferrolán chegado ao club laranxa o pasado verán para dirixir ao equipo filial de Primeira Nacional, compartirá a súa ampla experiencia e coñecemento cos adestradores e adestradoras máis novas da entidade herculina.

Ademais de ofrecer unha nova oportunidade de formación aos técnicos que dan os seus primeiros pasos, o seu carácter eminentemente práctico favorecerá o rendemento deportivo dos xogadores, ao basearse nun plan de traballo que permitirá a Chiqui Barros involucrarse na dinámica diaria dos conxuntos dirixidos polos novos preparadores. En primeiro lugar haberá unha fase de observación, outra de intervención e, por último, unha etapa final de observación e avaliación.

Como obxectivos específicos, a actividade busca dotar aos técnicos de novos recursos para traballar o ensino de calquera habilidade integrándoa no xogo, así como axudarlles no desenvolvemento de tarefas e xogos cunha metodoloxía e posta en escena adecuadas, sen esquecer os aspectos de planificación.

A primeira sesión de Chiqui Barros terá lugar esta tarde no IES Urbano Lugrís, onde participará no adestramento habitual do equipo infantil de terceira división Básquet Coruña 04B.

Perfil deportivo de Chiqui Barros

O ferrolán, de longa traxectoria como preparador, chegou ao club laranxa o pasado verán e desde entón encárgase de dirixir ao equipo filial de Primeira Nacional. Antes da súa incorporación á entidade herculina era primeiro adestrador na liga Feminina, a máxima da categoría, ao mando do equipo berciano Embutidos Pajariel Bembibre.

No haber de Chiqui Barros destacan, entre outros aspectos, o ascenso das xogadoras do Alto Bierzo na tempada 2011/12 e a súa consolidación na primeira competición nacional, así como a súa experiencia no baloncesto profesional masculino ao mando de conxuntos como o ADT Tarragona, Círculo Badaxoz e CB Calpe. No ámbito do baloncesto coruñés, nas tempadas 1994-1996 dirixiu na nosa cidade os destinos do CAB Coruña de 1ª B ?equivalente á actual LEB Ouro-, participando nunha fase de ascenso á ACB en Xixón.

En 2015 foi elixido mellor adestrador da liga Ecuatoriana, tras conseguir o título desta competición coa Universidade Tecnolóxica Equinoccial (UTE) de Quito.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city