Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 31/12/2015 12:15

O X Teresa Herrera de Minibasket arrinca este fin de semana cos mellores equipos do nororeste

El X Teresa Herrera de Minibasket arranca este fin de semana con los mejores equipos del nororeste

Todo listo para a celebración do X Teresa Herrera de Minibasket, organizado polo Club Leyma Básquet Coruña. A edición que terá lugar este sábado día 2 de xaneiro e o domingo día 3 na Coruña recibiu unha gran demanda de inscricións, polo que os organizadores decidiron ampliar a 9 o número de equipos femininos que competirán, pasando dos 16 conxuntos inicialmente previstos -8 masculinos e 8 femininos- a un total de 17.

O torneo de baloncesto que reúne aos mellores equipos do noroeste peninsular nas categorías basee conta este ano coa participación de mozos deportistas procedentes León, Ponferrada, Lugo, Vigo, Ourense e A Coruña. Entre eles figuran os campións da anterior edición, o Jesuitinas en categoría masculina e a Academia Celta na feminina.

Xunto a eles, competirán polos primeiros postos os equipos N3web Cidade de Ponferrada, o ferrolán Gabadi Basket School, o Colexio Leonés, Cambre, Bosco Salesianos ?Branco?, o leonés San Andrés Xesuítas, Jesuitinas da Coruña e o conxunto do club anfitrión, o Básquet Coruña, no que respecta á categoría masculina. Na feminina, ademais das gañadoras viguesas do pasado ano, participarán as Xesuítas BF León 05, Xesuítas BF León 04, o ourensán Bosco Salesianos ?Rosa?, o Colexio Leonés e o lucense Franciscanos Ensino, así como os conxuntos locais de Jesuitinas, Calasancias e Leyma Básquet Coruña.

Ao termo da xornada de partidos do sábado os participantes gozarán dunha actividade de lecer educativo denominada ?O camiño do rei?, coa que coñecerán unha zona emblemática da Coruña como é a Cidade Vella.
O X Teresa Herrera de Minibasket conta coa colaboración da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia mediante o seu programa Leite 100% Galego, o Concello da Coruña, a Fundación Deporte Galego, Iberostar, Coca Cola, DKV Seguros e Forno Sanbrandan.

O Torneo ten carácter oficial para a Federación Galega de Baloncesto, que aproveitará o encontro para realizar unhas xornadas técnicas por parte do Comité de árbitros.

Desenvolvemento da competición

Os equipos organizaranse en catro grupos, dous masculinos e dous femininos. Cada un deles estará formado por catro equipos ?salvo un grupo feminino que terá cinco- que xogarán en formato de liga a unha volta. Os dous primeiros de cada grupo disputarán as semifinais, mentres que o 3º e 4º xogarán por clasificarse do 5º ao 8º posto.

Os partidos disputaranse o sábado e o domingo en horario de mañá e tarde nas pistas polideportivas municipais 1 e 2 de Riazor e no polideportivo Agra 2 e ao final da xornada do domingo terá lugar a entrega de trofeos. Os equipos aloxaranse nas dependencias do Cuartel de Atocha, así como no Albergue da Mercé, en Santa Cruz.

Documentos adjuntos

af-basquet-coruna-2016.pdf

grupos-horarios.pdf

reglamento-x-torneo-teresa-herrera-minibasket.pdf








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city