Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 05/01/2015 16:51

O Voluntariado do Servizo Municipal de Deportes protagonista do programa "13 partidos, 13 causas"

El Voluntariado del Servicio Municipal de Deportes protagonista del programa

Esta semana a causa solidaria do programa "13 partidos, 13 causas", á que daremos visibilidade durante o partido do equipo LEB fronte a Valladolid, ten unha nota diferente á nteriores ocasións. Se habitualmente preténdese dar visibilidade ao labor de determinados colectivos con características e problemáticas comúns, esta vez o colectivo ao que rendemos homenaxe non ten trazos en común, coa excepción da súa paixón polo deporte.

O Servizo Municipal de Deportes organizou, desde hai xa algúns anos, un programa de voluntariado, no que comparten experiencias centenares de cidadáns coruñeses, co único punto en común do seu altruísmo e a súa capacidade para sacar adiante multitude de eventos deportivos na cidade, os cales sen a súa xenerosa dedicación non serían posibles.

No noso caso, gozamos da súa axuda na organización da carreira soidaria a favor da AECC, así como noutros eventos nos que se solicita a súa presenza, como o Trofeo Teresa Herrera de Minibasket. O venres ás 21:00 horas no Palacio dos Deportes, será o momento do aplauso á sexta causa solidaria, na que recibimos todo o apoio da Obra Social da Caixa.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar