Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 26/01/2020 22:51

O traballo do equipo

El trabajo del equipo

Nova e importante vitoria do Leyma Coruña ante un dos equipos ?grandes? da categoría, o Delteco Gipuzkoa. Con esta vitoria, destacando a súa anotación exterior e a gran actuación en defensa, afianza aínda máis a súa posición entre os altos postos da categoría.

Comezaba o encontro totalmente en refacho anotador o equipo coruñés. Varios triplos por parte dos laranxas, sumados á boa defensa, afastaban ao equipo vasco, deixando un primeiro cuarto cun resultado final de 26-16, dez arriba para os locais.

Con todo, aínda que parecese que xa estaba todo feito, os de Marcelo Nicola non se deron por vencidos e conseguiron sobreporse aos primeiros compases, chegando ao descanso con 40-37.

Á volta dos vestiarios, os de Vitoria saíron enchufados, facendo que cada vez o marcador estivese máis axustado, e aínda que parecía que terían unha lixeira vantaxe de face ao último acto, un triplo de Jeff Xavier e un tiro ao taboleiro de Perris Blackwell puñan a vantaxe cara aos laranxas por 61-59.

E no cuarto e último período, a enerxía laranxa do equipo coruñés foi tal, que conseguiu un parcial de 13-0, facéndose dono e señor do partido e terminando co basquetaverage a favor, cun resultado final de 88-75.

O próximo partido, o domingo 2 de febreiro ás 19:00 horas ante o Afanion FC Almansa.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar