O programa '17 partidos, 17 causas' en apoio á loita contra o cancro de mama

O Básquet Coruña dedicará os '17 partidos, 17 causas' do encontro ante o Iberojet Palma de mañá ao apoio na loita contra o cancro de mamá.

O programa, apadriñado pola Obra Social da Caixa, aproveitará para render homenaxe a loitar contra esta enfermidade, que afecta en maior medida a mulleres que a homes. O próximo 19 de outubro por parte da OMS (Organización Mundial da Saúde) celebrarase o día internacional da loita contra o cancro de mama.

Por iso, todos os espectadores que acudan ao partido recibirán un lazo rosa entregado polos voluntarios da Xunta Provincial da Coruña da AECC, para pór así o seu granito de area por esta causa.

O obxectivo é crear conciencia e promover que cada vez máis mulleres accedan a controis, diagnósticos e tratamentos oportunos e efectivos. A detención precoz a fin de mellorar o prognóstico e a supervivencia dos casos de cancro de mama segue sendo a pedra angular da loita contra o cancro.