Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Actividades | 14/02/2017 12:58

O pase en minibásquet, segunda xornada de formación a adestradores

El pase en minibásquet, segunda jornada de formación a entrenadores

Este domingo terá lugar a segunda sesión das Xornadas de Formación para Adestradores "E ti como adestras?", organizadas por segundo ano consecutivo polo Club Básquet Coruña. Nesta ocasión, a polideportiva de Riazor 1 acollerá ás 19:00 horas o encontro co adestrador Chiqui Barros, que centrará a súa intervención en "O pase en minibásquet".

Nesta edición de "E ti como adestras?" todas as sesións viran ao redor dos primeiros anos de formación, con especial protagonismo ao deporte da canastra nas idades máis temperás. Para asistir, tan só é necesario comunicalo previamente ao club, enviando un correo á dirección club@basquetcoruna.com

O ciclo de xornadas está aberto a todos os adestradores e adestradoras de baloncesto da Coruña e de Galicia en xeral. Así mesmo, poden asistir afeccionados que desexen profundar nos temas abordados, do mesmo xeito que técnicos doutras modalidades deportivas. A Federación Galega de Baloncesto outorga 3 horas de formación por xornada aos participantes en proceso de obtención dalgún dos títulos de adestrador desta disciplina deportiva.

Co ciclo "E ti como adestras?" o Club Básquet Coruña pretende favorecer a formación dos seus adestradores/as e abrirse á colaboración con outras entidades deportivas, ofrecendo un foro estable no que compartir coñecementos e experiencias da man de profesionais de prestixio, co fin último de contribuír ao progreso do deporte galego mediante a cualificación dos seus técnicos. Tamén se busca aproveitar sinerxías coa Federación Galega de Baloncesto e entre os propios clubs.

Próximas sesións

As seguintes charlas programadas son, co mesmo horario:

19 de marzo: "Contraataque en categorías de formación", a cargo de Joaquín Moreira.

23 de abril: "O uso eficaz do bote no minibasket" a cargo de José Ángel Rivera Mozan.

21 de maio: "Pintura Barroca Holandesa: metodoloxía de adestramento para categorías de formación", a cargo de Javier Orosa.

18 de xuño: tema e experto pendentes de confirmación.







non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city