Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 15/12/2014 12:32

O Leyma volve á senda da vitoria na Rioxa (64-71)

El Leyma vuelve a la senda de la victoria en La Rioja (64-71)

O partido comezou con pequenas vantaxes do equipo rival, que cun xogo máis alegre, lograba varios canastra en situacións de transición que lle outorgaba as primeiras vantaxes. Aos poucos, os nosos fóronse metendo no partido e mediado o primeiro cuarto lograron tomar a iniciativa no marcador algo que xa non abandonarían durante todo o partido. Cun resultado de 19 a 25 chegábase ao termo do primeiro cuarto.

No segundo período, incrementamos aínda máis o nivel defensivo o que dificultaba o ataque dos rioxanos, o que, xunto ao dominio do rebote defensivo neste período, outorgaba posibilidades de xogar algún contraataque e manter unha fluidez na anotación. Isto provocou que nos fósemos distanciando aos poucos no marcador ata lograr unha vantaxe de 13 puntos a falta de 2 minutos para o final do período. Dúas accións desafortunadas para os nosos, deixaba a vantaxe en 8 puntos ao descanso. (33-41)

O paso polos vestiarios non sentou ben aos nosos que  non souberon atopar situacións cómodas en ataque ante o arreón defensivo dos locais. No primeiros cinco minutos do cuarto, o noso equipo unicamente era capaz de facer 5 tiros a canastra. Isto provocou que as cociñas.com lograse empatar o partido a 46 a falta de 3  minutos para o termo do terceiro período, o que obrigaba a Perico Diaz a solicitar un tempo morto. Tras este parón, o Leyma collíalle novamente o pulso ao partido e lograba recuperar novamente a iniciativa no marcador.

No último período, os nosos, seguindo a inercia do final do terceiro cuarto continuaron incrementando a vantaxe no marcador ata alcanzar os 8 puntos mediado o período, unha vantaxe que puideron manter ata o final e levar un partido moi importante.

O vindeiro venres, recibiremos a visita do decano da competición. O Melilla Baloncesto, o partido será ás 21 horas no Palacio dos Deportes de Riazor.

COCIÑAS.COM 64 (19+14+14+17): Kudlacek (16), Lobo (2), Galarreta (9), Carlson (3), Chema González (13) -cinco inicial- Reyes, Coego (6), Arévalo (6), Zimmy Nwogbo (9)

LEYMA CORUÑA 71 (25+16+9+21): Anxo Hernández (1), Castro (9), Mutakabbir (20), Petrovic (10), Rowley (9) -cinco inicial- Burjanadze (4), Vujasinovic (6), Homs (12)

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city