Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 21/01/2015 10:35

O Leyma visita o Teresa Herrera - Materno Infantil

El Leyma visita el Teresa Herrera - Materno Infantil

Na tarde de onte, Beqa Burjanadze e Sasha Petrovic acompañados por Gonzalo Moura, directivo responsable de Relacións  Institucionais do Básquet Coruña, desprazáronse ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera para realizar a visita aos nenos e nenas. No Hall do edificio foron recibidos por persoal do centro que os achego á ciberaula da "Obra Social"  A Caixa, espazo de lecer e de entretemento, para logo, acompañados por persoal do centro, repartir balóns e agasallos entre os pequños pacientes tratando de levar un sorriso nestes días tan sinalados.

Doutra banda, o Club seguindo o seu programa de "14 partidos .. 14 causas solidarias" nesta ocasión quere render tributo á Fundación Atrofia Muscular Espinal "FUNDAME"

O Leyma Básquet Coruña solidarízase cos enfermos de AME para concienciar sobre esta doenza que afecta a case 1.000 persoas en España e sobre a necesidade de investigación para buscar unha solución.

A atrofia muscular espinal (AME) é unha enfermidade neuromuscular hereditaria dexenerativa, que se manifesta por unha perda progresiva da forza muscular debido á afectación das neuronas motoras da medula espinal, que fai que o impulso nervioso non se poida transmitir correctamente aos músculos e que estes se atrofien. Pode afectar á capacidade para camiñar, gatear, respirar, tragar e controlar a cabeza e o pescozo. No seu tipo máis grave, cando afecta a bebés, pode provocarlles a morte antes dos dous anos.

É unha doenza xenética. A Atrofia Muscular Espinal é unha enfermidade hereditaria autosómica recesiva: ambos os pais teñen que ser portadores do xene responsable da enfermidade. Aínda que ambos os pais sexan portadores, a probabilidade de transmitir o xene defectuoso é do 25%: un de cada catro e independente en cada novo embarazo.

Toda a información sobre AME, as investigacións en marcha ou a forma de colaborar en www.fundame.net. Tamén na súa conta de Facebook e Twitter.

RETWITEA:

?Máis de 1 millón de persoas en España son portadores de Atrofia Muscular Espinal sen sabelo. Pódeche tocar. Colabora @Fundamenet #stopAME?

  






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar