Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 18/10/2014 09:59

O Leyma vence a Burgos nun grandísimo partido (71-68)

El Leyma vence a Burgos en un grandísimo partido (71-68)

A empresa non se presentaba nada fácil, chegaba ao Palacio un equipo infestado de xogadores con moita experiencia e calidade, un persoal, que sen ningunha dúbida, ao final de tempada ocupará a parte alta da clasificación.
O partido non comezou ben para os nosos, que non eran capaces de controlar as arremetidas visitantes e aos poucos ían cedendo vantaxe no marcador ata chegar a unha desvantaxe de 11 puntos a falta de 3´ para o termo do primeiro cuarto (9-20).  Unha vez sacudidos os nervios iniciais, o equipo foille collendo o pulso ao partido e recuperando esa desvantaxe inicial no marcador, ata chegar ao final deste primeiro cuarto con 4 puntos de desvantaxe (17-21).
Ao comezo do segundo cuarto seguiu a mesma inercia o Leyma que os últimos minutos do primeiro, é máis, superou algúns problemas que tivera co rebote ofensivo de Burgos e empezou a poder xogar máis cómodo. Mediado o segundo período, o equipo xa empataba o partido, e ao termo da primeira parte chegábase cunha vantaxe no marcador de 4 puntos para o Leyma.
Tras o paso polos vestiarios, tiveron lugar os mellores momentos do equipo local, que mostrou gran acerto de face ao aro rival, mantivo un alto ritmo de anotación durante todo o cuarto e defendendo todas as opcións anotadoras do rival o que lle permitiu despegarse no marcador ata alcanzar unha vantaxe de 11 puntos (a máxima do partido para o Leyma) ao termo do cuarto (59-48).
Pero o Burgos non estaba disposto a deixar ir o partido e no último cuarto apertou moitísimo en defensa, provocando moitas perdas nos nosos (6 nos primeiros 5´do cuarto) e logrando varias canastras de contraataque, que facían que o partido volvese equilibrarse. Cando faltaban pouco máis de 2´no marcador, os visitantes puxéronse por diante (65-66). O Leyma soubo sobreporse ao baixón que supón perder unha vantaxe de 11 puntos, xogou con mestría os últimos ataques e con alma as últimas defensas, para levar a vitoria nun grandísimo partido.
LEYMA BÁSQUET CORUÑA  71(17+18+24+12): Rowley (12), Anxo Hernández (0), Larry Abia (0), Petrovic (18), Jesús Castro (4) -cinco inicial- Vujasinovic (10), Mutakabbir (10), Dobos (3), Homs (0), Nurjanadze (14).
FORD BURGOS 68 (21+10+17+20): Sabat (5), Feliú (9), Jorge García (0), Jeffrey Xavier (14), Coppenrath (9), Costa (9), Maresch (8), Jasen (0), Sergio Olmos (3), Diouf (11). 







non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city