Primer equipo | 22/03/2015 09:30
O Leyma non pode co Oviedo (78-84)

O partido resultou moi igualado con moitos cambios en canto á iniciativa no marcador. O acerto anotador dos asturianos nos momentos clave decidiu o partido.
Nos primeiros compases do partido, a iniciativa no marcador foi para os visitanes que chegaron a ter unha vantaxe de 6 puntos no marcador no minuto 5 de partido, a partir de aí, os nosos reaccionaron e grazas ao dominio do rebote nestes instantes lograron coller a iniciativa no marcador. 23-20 foi o resultado ao termo deste período.
No segundo cuarto os nosos saíron máis enchufados, e aos poucos foron abrindo unha distancia no marcador que chegou a ser de 8 puntos mediado este período, con todo, varias perdas de balón encadeadas nos minutos finais, xunto con algún desaxuste defensivo, permitiron aos ovetenses meterse novamente no partido. Con empate a 38 no marcador chegouse ao termo deste período.
A segunda parte seguiu polos mesmos camiños que o primeiro tempo, aínda que os visitantes saíron moi acertados desde 6,75 e con 6 triplos neste cuarto (5 consecutivos de Víctor Pérez sen fallo); os nosos non lle perderon a cara ao partido e continuaron agarrándose ao chegando cunha desvantaxe dun só punto no marcador ao final do último período. (59-60).
Chegábase ao último cuarto con todo por decidir, pero os visitantes endosaron un 8-0 de saída aos nosos que nos obrigaba novamente a remar contracorriente. O equipo reaccionou e chegou a porse a unicamente 2 puntos, con todo, o acerto dos visitantes nos minutos finais fixo imposible a remontada e a vitoria viaxou para Oviedo.
Na próxima xornada, os nosos viaxan a Pamplona, un partido que os nosos necesitan gañar para seguir soñando cos Play Off.
LEYMA BASQUET CORUÑA (23+15+21+19) 78: Rowley (12), Burjanadze (21), Jesús Castro (12), Larry Abia (0) e Anxo Hernández (10) ? tamén xogaron ?Vujasinovic (0),Petrovic (9), Dobos (0), Homs (8), Mutakabbir (6) e Marcos Escobar (0).
UNIÓN FINANCEIRA BALONCESTO OVIEDO (20+18+22+24) 84: F.Bassas (12), V.Pérez (24), D.Sánchez (3), B.Levesque (12) e K.Tresnak (11) ? tamén xogaron ? S.Carissimo (12), A.Muñoz (15), A.Prieto (0), L.Lasa (3) e N.Cvetinovic (2).
Primer equipo | 19/03/2015 09:30