Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 12/10/2016 22:40

O Leyma Coruña vive a súa primeira derrota ligueira, en duelo contra a Palma Air Europa

El Leyma Coruña vive su primera derrota liguera, en duelo contra el Palma Air Europa

O Leyma Coruña viviu esta tarde a súa primeira derrota ligueira, ao caer no Palacio dos Deportes de Son Moix cun rotundo 86-73 fronte á Palma Air Europa. Os de Tito Díaz sabían da dificultade do encontro ante un rival de altísimo nivel, que xogaba en casa e necesitaba dar un xiro a un inicio de tempada sen alegrías no marcador. Deunas hoxe ante os seus, nun trepidante e igualado partido durante a primeira parte, pero ao que os laranxas non foron capaces de dar continuidade nos dous últimos cuartos.

Na rolda de prensa posterior, o técnico do Leyma Coruña restou importancia ao número de vitorias ou derrotas que un equipo acumule nestes primeiros pasos da competición, subliñando que o máis importante agora é valorar "como estamos a xogar e respondendo". E neste sentido eloxiou a reacción dos mallorquinos, que ás dúas derrotas acumuladas responderon cun partido cheo de intensidade e carácter, os trazos que Tito Díaz botou en falta aos seus esta tarde.

"A primeira parte foi un intercambio de canastras, e aínda que non estabamos ben en defensa tiñamos acerto, pero na segunda parte desaparecemos en intensidade e nivel físico", recoñeceu. En opinión de Tito Díaz, "quizá tantas vitorias debilitáronnos un pouco", reflexionou, en referencia á boa pretemporada e inicio ligueiro, polo que "debemos retomar o camiño e aprender a lección de Palma". Iso si, reivindicou para os seus "o dereito a ter un mal día, e foi esta".

Agora toca rearmarse e preparar con intensidade o próximo duelo, o martes 18 ás 21:00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, ante o Saenz Horeca Araberri. Unha boa ocasión para rectificar, apoiados no alento da #mareanaranja. Alí estaremos.

Documentos adjuntos

post-partido-tito-diaz.m4a






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar