Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 19/10/2016 01:10

O Leyma Coruña vence ao Sáenz Horeca Araberri cun paso adiante en defensa e traballo coral

El Leyma Coruña vence al Sáenz Horeca Araberri con un paso adelante en defensa y trabajo coral

Cumpríronse os prognósticos de Tito Díaz e esta noite os laranxas competiron desde o primeiro ao último segundo do partido contra o Sáenz Horeca Araberri, ao que venceron por un folgado 79-65. Os vitorianos non o puxeron fácil e, aínda que os locais foron por diante no marcador a maior parte do encontro, o Araberri fixo gala da súa agresividade e dureza, recortando distancias cando o Leyma Coruña cometía os erros propios do inicio de tempada.

A eles fixo referencia o adestrador Tito Díaz na súa análise tras o choque, recoñecendo que toca seguir traballando en evitar as numerosas perdas de balón -19 esta vez- e en mellorar o rebote -13 rebotes de ataque do rival- pero tamén destacou os aspectos máis positivos dos seus no encontro, cunha defensa máis dura que a exhibida en Palma e unha actitude de traballo coral no que todos achegaron.

Por iso, insistiu en restar importancia aos desaxustes do arranque ligueiro: "o importante é a actitude de todo o equipo, defender moi xuntos, correr cando nos deixan, conectar cos nosos pivotes, hoxe apareceron os tiradores, houbo bastante repartición de puntos e penso que foi un bo labor de equipo sobre todo". Unhas reflexións que marcarán a liña de traballo da próxima semana, antes de desprazarse á Cidade Condal para xogar o domingo 23 contra o F.C. Barcelona Lassa ás 19:00 horas.

E despois, novo partido en casa, en derbi galego fronte ao Ourense Provincia Termal, unha cita ineludible para a marea laranxa, á que seguro que tampouco faltará a afección celeste. O sábado 29 de outubro ás 18.30 horas, todos en Riazor!

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-post-j-4.m4a









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city