Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 15/12/2018 23:16

O Leyma Coruña suma a súa terceira vitoria seguida ante o Liberbank Oviedo (98-76)

El Leyma Coruña suma su tercera victoria seguida ante el Liberbank Oviedo (98-76)

Terceiro triunfo do Leyma Coruña consecutiva, cun marcador avultado (98-76) na que os laranxas chegaron ao último cuarto con tranquilidade e podendo gozar do ambiente en casa. Un encontro no que tiveron de novo minutos os cantersnos junior Rubén Souto e Jorge García.

O partido estivo moi marcado polas porcentaxes de tiro dos dous equipos, sobre todo por parte dos coruñeses, con máis dun 50 % en tiros de tres e de dous, tres xogadores (Ty Sabin, Jeff Xabier e Sergi Piñeiro) moi acertados desde o perímetro.

Así mesmo, os laranxas foron capaces de dominar o rebote en momentos importantes do encontro, evitando que Oviedo xogase con Arteaga, defendéndolle ben, e logrando que estivese por baixo dos seus números.

Tras un primeiro cuarto moi igualado (21-13), chegouse ao descanso cunha leve vantaxe de seis puntos (36-30), aínda que quizá os coruñeses merecían ir gañando de máis, algunha mala serie defensiva, sobre todo no control do rebote e en permitir tiros liberados podía ser un problema, como o foi nalgúns momentos, castigando ao Leyma Coruña desde a liña de tres.

A saída tras o descanso, o equipo saía enchufado, con moita actividade en defensa e moita comunicación. Logrando correr e anotar de tres puntos conseguíanse vantaxes xa importantes no terceiro acto (67-49) para que a vitoria quedase en casa (98-76)

 








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city