Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 12/05/2018 19:11

O Leyma Coruña ponse por diante na serie ante o ICL Manresa (75-72)

O Leyma Coruña ponse por diante na serie ante o ICL Manresa (75-72)

O Leyma Coruña toma vantaxe na serie ante o ICL Manresa (1-2), tras imporse ao ICL Manresa nun emocionante partido que se decidiu na prórroga, tras un tiro de tres de Trevor Cooney na prórroga (75-72).

Os laranxas comezaron liderados por Fliss e Monaghan, mentres que os de Diego Ocampo apoiábanse sobre todo en Trías e Nacho Martín, nun primeiro cuarto no que os visitantes se ían catro arriba (21-25).

O segundo período chegaban os mellores minutos dos locais, que encadeaban un refacho de 12-0 (39-30), cunha anotación moi coral con achega de Olmos, Sonseca, Anxo e Cooney. O Leyma Coruña íase ao descanso dez arriba (44-34).

Tras o paso por vestiarios, os visitantes entraban mellor no terceiro cuarto, cun 0-11 co que se puñan por diante (46-49). Eran minutos complicados para os laranxas, pero Cooney anotaba o duelo (51-51), unhas táboas que rompía Nacho Martín, que volvía responder a un novo triplo, esta vez dun moi inspirado Larry Abia (55-53, min.32).

O último acto, moi apertado, caracterizábase por bos minutos de Monaghan e Pablo Ferreiro, pero aínda que tiñan a última posesión, os coruñeses non eran capaces de anotar e os equipos íanse á prórroga (68-68).

Os laranxas administraban mellor o tempo extra e Cooney case sobre a bucina anotaba o triplo gañador (75-72). Mañá domingo ás 19 horas o Leyma Coruña pode lograr o pase á semifinal se se impón a ICL Manresa. Esperámosvos no Palacio! #SúbetealBásquet






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city