Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Primer equipo | 20/01/2017 14:00

O Leyma Coruña mídese ao Sáenz Horeca Araberri, o equipo revelación da liga

El Leyma Coruña se mide al Sáenz Horeca Araberri, el equipo revelación de la liga

O Leyma Coruña viaxa a Vitoria para enfrontarse este sábado ás 18:00 horas a un equipo, o Sáenz Horeca Araberri, que como o coruñés leva doce vitorias na presente edición ligueira, e que é especialmente forte na súa pista, con sete triunfos no nove encontros disputados no pavillón de Mendizorroza.

En palabras do técnico laranxa Tito Díaz na previa do encontro, o rival desta xornada é a revelación da actual LEB Ouro e "o equipo recentemente ascendido que mellor liga está a xogar nas últimas tempadas". O seu estilo de xogo é moi distinto ao do conxunto herculino, posto que se apoia especialmente en catro ou cinco xogadores con máis de trinta minutos por encontro, e un estilo de baloncesto "en media pista, moi táctico, fundamentado nos bloqueos directos, o xogo dos seus catro abertos e moito protagonismo dos seus dous beirados". Nada que ver co xogo laranxa, baseado na repartición de roles entre once e doce xogadores, cun estilo rápido, máis atrevido e en toda a pista.

Tito Díaz destacou o papel que realiza a base Óscar Alvarado en substitución de Nondas Papantoniou -agora no Actel Força Lleida- dirixindo ao equipo, exercendo unha sólida defensa e achegando tanto en asistencias como no rebote. Ademais, no xogo exterior son pezas esenciais tanto Zaid Hearst como Johnny Berhanemeskel, que promedian 20 e 19 puntos respectivamente.

Ademais de tentar frear a ameaza exterior deste tres xogadores, o Leyma Coruña tamén deberá vixiar á á pivote Nikola Cvetinovic e Iván García, que axudan a abrir o campo xerando espazos para o xogo de bloqueos directos ou de 1x1 dos seus exteriores, e que contan coa axuda do beirado Martin Durchev. A isto únese a presenza na pintura da recente fichaxe, o experimentado pivote Akin Akingbala, que quizá neste encontro xa reparta minutos co seu compañeiro Kyle Rowley. Unha fortaleza preto do aro que sumada ao perigoso xogo exterior do Araberri obrigará aos laranxas a aplicarse tanto en defensa como en ataque, tratando de xogar en toda a pista, con ritmo, abrindo o campo e tentando desgastar ás xogadores claves da escuadra vitoriana. E que esta vez o acerto acompañe tamén fóra de casa.

 

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-j-21-previa.m4a







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor