Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 11/01/2019 23:28

O Leyma Coruña regresa á senda do triunfo ante un combativo Sáez Horeca Araberri (96-82)

El Leyma Coruña regresa a la senda del triunfo ante un combativo Sáez Horeca Araberri (96-82)

O Leyma Coruña finalizou con vitoria a primeira volta ante o Sáez Horeca Araberri (96-82) nun encontro no que os laranxas conseguiron manter vantaxes solventes durante todo o partido.

Foi un inicio demoledor dos laranxas, impedindo xogo interior do Araberri, que se encomendaba ao seu tiro de tres, no que non estaban moi acertados. Mentres, os laranxas, con moi bos minutos de Sergi Piñeiro e de Jeff Xabier, moi entoados desde a liña de 6,75 facían que os coruñeses mandasen con folgura no marcador ao finalizar o primeiro cuarto (25-16).

Máis igualado estaba o segundo, cos visitantes comezando a conectar tiros de tres, e os laranxas un pouco máis astacados de face ao aro. Eran minutos nos que volvía a pista, tras máis dun mes parado Braxton Ogbueze e nos que se empezaba a axustar o luminoso, índose o Leyma Coruña ao descanso por diante, pero tan só 11 puntos arriba (46-35).

Tras o paso por vestiarios, de novo Jeff Xabier e Piñeiro axudaron a pór terra polo medio, nun comezo de Araberri que parecía espertar no terceiro cuarto. Ademais, o equipo era capaz de mellorar no único parámetro no que ao descanso perdían ante o cadro vasco, o rebote, anulando así as opcións de segundas xogadas dos visitantes (68-59).

O último cuarto os coruñeses administraban a súa vantaxe, con bos minutos de Quinto Stephens e Mirza Bulic, tamén dos mellores no partido. En #OFornodeRiazor, con 3.000 persoas gozando, os herculinos certificaban o seu sexto triunfo en sete xornadas (96-82), un 7/10 para finalizar a primeira volta.

O próximo reto como locais, o martes 22 ás 20.45 ante o Real Betis Enerxía Plus.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city