Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 28/03/2019 12:33

O Leyma Coruña quere evitar urxencias e imporse ao Barça Lassa

El Leyma Coruña quiere evitar urgencias e imponerse al Barça Lassa

O Leyma Coruña recibe este venres ás 20.45 en #OFornodeRiazor a visita do Barça Lassa, antepenúltimo na táboa e a unha vitoria dos coruñeses, cun balance de 9/19.

Un encontro moi importante para Gustavo Aranzana, que espera que o seu equipo resolva o compromiso e retorne á senda das vitorias. "É un partido fundamental para non ter urxencias. Seguimos coa mesma idea de tentar gañar e mellorar cada encontro", indicou.

As boas noticias chegan esta vez desde a enfermaría, posto que os laranxas recuperan a Quinton Stephens. Aranzana, avisa, no entanto de que "eles teñen moita necesidade, levámoslles unha vitoria, xogamos en casa e necesitamos que predomine o factor cancha".

Durante a semana, indicou que o equipo tratou de "mellorar o ataque, tras as malas porcentaxes no anterior partido, ante un equipo novo, pero con moito talento. Son difíciles de defender porque son todos polivalentes". Destacou, ademais, a xogadores como "Diagne, ou Rawson". Un equipo con calidade, o que obrigará ao Leyma Coruña a ter "40 minutos de concentración máxima e sen erros".

Aranzana tamén quixo pór en valor a campaña do club de 2x1 en entradas: "Sempre que fixemos esta iniciativa do 2x1 nos ha ido ben, é unha forma de enganchar á xente ao baloncesto. Parécenos moi ben e oxalá podamos corresponderlles cunha vitoria".






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar