Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Liberbank OVIEDO - Leyma Coruña · 06/03/2021 18:00 Oviedo || Senior Fem. 1ªDiv: CLB - Basquet Coruña Leyma S · 07/03/2021 09:30 Villagarcía || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 07/03/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 07/03/2021 09:45 Canide - Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 07/03/2021 16:00 Polideportivo Ventorrillo || Junior Fem. 1ªDiv: KFC Costa Artabra - Básquet Coruña Leyma J · 06/03/2021 20:00 Polígono Javier Gómez Noya || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 07/03/2021 17:00 Ponte dos Brozos || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Fundiciones Rey · 06/03/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 07/03/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Escola Basket Xiria - Básquet Coruña Leyma U15 · 06/03/2021 12:00 Vila de Noia - Zona Escolar || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 06/05 - Golfiños Sada · 06/03/2021 19:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 - Esclavas Azul · 06/03/2021 09:30 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Instituto Rosalía · 06/03/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 06/03/2021 12:00 Polideportivo Ventorrilo || Infantil Fem. 1ªDiv: Acad. A Mariña Burela Inf. fem - Básquet Coruña Leyma I · 07/03/2021 17:00 Vista Alegre || Infantil Fem. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos - Básquet Coruña Leyma U14 · 07/03/2021 10:00 Pabellón Municipal Betanzos || Infantil Masc. 2ªDiv: Carnicería Daniel Artai - Básquet Coruña U14 · 06/03/2021 10:00 Vila de Noia- Zona Escolar || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 06/03/2021 12:00 Pavillón Casa do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 07/03/2021 10:00 Monte dos Postes || Infantil Masc. 2ªDiv: Calasanz - Básquet Coruña 07 · 07/03/2021 12:00 Colegio Calasanz || Infantil Masc. 2ªDiv: Golfiños Sada - Básquet Coruña 08 · 07/03/2021 10:00 Pabellón Municipal Sada

Primer equipo | 09/11/2017 16:52

O Leyma Coruña, minguado polas baixas, mídese mañá a Cáceres Patrimonio da Humanidade

El Leyma Coruña, mermado por las bajas, se mide mañana a Cáceres Patrimonio de la Humanidad

O Leyma Coruña enfróntase mañá ás 21.00 horas ao Cáceres Patrimonio da Humanidade e aspira a lograr a terceira vitoria consecutiva, tras imporse a Río Ourense Termal e a Actel Força Lleida.

Co equipo coa moral alta tras os últimos triunfos, o punto negro está na enfermaría. "A nivel mental e emocional estamos moi ben, pero tivemos moitos problemas a metade da semana sen poder facer cinco contra cinco polas importantes lesións que arrastramos. A parte da de longa duración de Larry Abia, Sergio Olmos aínda non sabemos se chegará para o partido e caeron lesionados Zach e Gilling, así que a día de hoxe temos oito xogadores. Fixemos un bo traballo, aínda que nos faltou completar todo o que planearamos durante a semana".

"Os que ao final vaiamos temos que ir ao cento por cento e sacar un partido complicadísimo. Sería bo coller dinámica de encadear vitorias e un triunfo de valor para despois recibir a Melilla", advirte o técnico laranxa. Sobre o seu próximo rival, avisa do perigo de que empezase mal e estea en busca dunha boa onda. "Non comezou ben, pero mellorou e é un equipo de refachos. Está permanentemente na liña de tres, cunha altísima porcentaxe, dinámico, ataca moi ben con catro exteriores sempre ameazando e cando teñen o día é peligrosísimo. Veñen dunha derrota en Azpeitia e para eles será un partido de risco polo que suporía encadear derrotas", indica.

Así mesmo, Aranzana recoñece a igualdade que hai neste curso na Leb Ouro. "Todos os equipos estamos agora nunha fronteira, ou nos enganchamos arriba ou seguimos transitando por baixo da táboa. Todos queremos coller dinámicas e xa definitivamente ver se te vas para arriba ou se te vas quedando lonxe dos postos de privilexio. E nós non queremos perder esa dinámica. Estabamos os últimos, encadeamos dúas vitorias e estamos pola zona media, se sumamos outra nos podemos pór sétimos ou sextos", apunta.

Máis que mirar á táboa, fala do estado anímico do grupo: "Non miro a clasificación, impórtanme as sensacións e no día a día estamos a adestrar moi ben, o equipo está alegre, xogando ben, cada vez máis sólido, coas ideas máis claras e tomando mellores decisións".

Tras esta visita, a seguinte cita laranxa volverá ao Palacio dos Deportes de Riazor o venres 17 ás 21.00 horas ante o Club Melilla Baloncesto.







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city