Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 10/12/2017 16:52

O Leyma Coruña logra a terceira vitoria consecutiva ante o Barcelona Lassa (89-79)

El Leyma Coruña logra la tercera victoria consecutiva ante el Barcelona Lassa (89-79)

O Leyma Coruña logrou a terceira vitoria seguida ante o Barcelona Lassa (89-79). O conxunto laranxa rompeu o encontro tras un parcial de (29-11) no terceiro cuarto.

Comezou, con todo, mellor o filial azulgrana, que comezou dominando nos dous aros e cun Herun en estado de graza (18-26).

Os locais seguían por detrás no segundo acto e non foi ata o minuto 19 cando Trevor Cooney cun 2+1 puña por diante aos coruñeses (37-36).

No entanto, un último arreón dos visitantes, cunha canastra sobre a bucina deixaba ao Lassa tres arriba (41-44) ao descanso.

Tras o paso por vestiarios chegaban os mellores minutos do Leyma Coruña, comandados por un Trevor Cooney moi acertado desde o tiro exterior. Un parcial de (29-11) deixaba practicamente sentenciado o choque (70-55).

No último acto comezaban forte os visitantes, que cun parcial de 1-6 facían que Gustavo Aranzana pedise tempo morto (71-61).

Os coruñeses axustaban en defensa, seguían anotando e terminaban o encontro cun triplo de Eduardo Sonseca (89-79), que puña o broche á contenda.

O próximo partido no Palacio dos Deportes de Riazor será o vindeiro venres 22 ás 21h ante Levitec Huesca.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar