Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: TAU Castellón - Leyma Coruña · 09/05/2021 12:00 Castellón || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI FERROL - Basquet Coruña Leyma S · 09/05/2021 19:00 Polideportivo Esteiro || Senior Masc. 2ªDiv: Calvo Artai - Básquet Coruña S · 09/05/2021 12:30 Pavillón Vila de Noia - Zona Escolar || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - Club Baloncesto Cambre · 09/05/2021 19:30 Polideportivo Riazor 1 || Junior Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña J · 09/05/2021 16:30 Polideportivo Municipal Sofía Toro || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 08/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 03/04 - Compañía de María · 09/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña Leyma C · 09/05/2021 17:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 2ªDiv: CB Arteixo - Básquet Coruña Leyma U15 · 09/05/2021 19:30 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 06/05 - Esclavas · 09/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Dominicos - Básquet Coruña U16 · 09/05/2021 19:00 Colegio Salesianos || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Montrove · 08/05/2021 18:30 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Autos Gonzalez Seis do Nadal - Básquet Coruña U13 · 08/05/2021 12:15 Navia || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Salesianos Vigo A · 08/05/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Esclavas · 09/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - Esclavas · 08/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 - Carmelitas Caldaria ALV Femn · 08/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC COsta Artabra · 08/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Mini U12 - Santo Domingo Betanzos · 08/05/2021 16:30 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Montrove · 09/05/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 - Montrove · 09/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Básquet Coruña U10 - Golfiños Sada · 09/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Compañía de María Blanco - Basquet Coruña U9 · 08/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Esclavas - Básquet Coruña Leyma U11 · 08/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Cambre · 09/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U9 - KFC Culleredo · 09/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Basket Xiria 2009 - Basquet Coruña Mini 09 · 09/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-3

Primer equipo | 06/05/2017 00:40

O Leyma Coruña gaña o primeiro partido de playoff nun igualado e emocionante final

El Leyma Coruña gana el primer partido de playoff en un igualado y emocionante final

O Leyma Coruña quixo unirse á singular festa do baloncesto galego vivida esta noite no inicio dos playoff de ascenso á ACB, ao vencer nun igualado e emocionante final aos Queixos Cerrato Palencia na súa pista (84-88), levándose así o primeiro duelo da serie. Outro tanto fixeron o Café Candeas Breogán e o Ourense Provincia Termal contra os seus respectivos rivais, a Palma Air Europa e a Unión Financeira Oviedo.

Os coruñeses demostraron que chegan a esta fase dispostos a competir, tal e como dixera no previa Tito Díaz, porque aínda que os locais tiveron algúns momentos en que parecían querer escaparse no marcador -chegaron a estar 13 puntos arriba- os laranxas anularon estas vantaxes a base de mellorar o seu defensa e o seu rebote, logrando retardar o alto ritmo anotador que levaba o partido antes do descanso (53-45).

Así o explicou o adestrador laranxa na roda posterior: "o partido tivo unha primeira parte de moito ritmo e acerto, ía a moitos puntos e iso íanos un pouco peor", pero á volta de vestiarios os seus foron capaces de pechar progresivamente o camiño ao aro, dificultar o tiro exterior e facerse co control do rebote. E así ata chegar a un igualado final que puido caer de calquera lado. Esta vez foi do laranxa: "apareceu o acerto noso con Zach Monaghan, pero antes tamén o tiveron Josep Pérez e Dani Rodríguez", observou.

O certo é que a escuadra coruñesa pasou de encaixar 53 puntos na primeira parte a só 31 na segunda, cunha especial seca anotadora do rival no últimos cinco minutos, mentres a inspiración cara ao aro era para o equipo visitante.

"Isto acaba de empezar e sabemos perfectamente contra quen xogamos", avisa o técnico do Leyma Coruña. Ante o resultado, augura para o segundo partido -este domingo ás 19:30 na mesma cancha de Villamuriel de Cerrato- "un Palencia moito máis agresivo e nós tentaremos seguir xogando co mesmo nivel". Valiosa vitoria e bo comezo para seguir gozando do #dereitoasoñar.

Documentos adjuntos

tito-diaz-post-partido-1--playoff-1.m4a







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city