Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 17/03/2018 11:16

O Leyma Coruña gaña desde a defensa a Tau Castello (64-52)

El Leyma Coruña gana desde la defensa a Tau Castello (64-52)

O Leyma Coruña impúxose ao Tau Castello (64-52) co que estaba empatado a vitorias e escala ata a sexta praza, cun balance de 15-12.

O encontro empezou cunha anotación moi baixa e cos coruñeses sufrindo no rebote, algo do que xa advertira Gustavo Aranzana na previa do choque. Rowley facíase grande na pintura e pechábase o primeiro acto catro abaixo para os laranxas (12-16).

O segundo período comezaba de novo marcado pola escasa anotación por parte de ambos os conxuntos, aínda que se ían distanciando os visitantes, logrando a máxima renda que terían no partido (15-25). Os herculinos, con bos minutos de xogadores como Olmos e Flis dábanlle a volta ao choque (28-27) aínda que seis puntos seguidos de Rowley daban a Castello unha pequena vantaxe case no tempo de descanso (28-33). Tras anotar dous tiros libres Jorge Sanz, o Leyma Coruña íase aos vestiarios uno abaixo (32-33).

Saían mellor os locais na segunda parte do partido, axustaban o seu defensa e melloraban no rebote nos dous aros. Tras un parcial de 12-0, os de Aranzana comezaban a marcar unha distancia importante co seu opoñente (48-37), negado desde a liña de 6,75 cun 1/21. Os de Toni Ten liderados por Edu Gatell daban un novo respingo para irse seis abaixo ao acto final (50-44)-

Saía o Leyma Coruña disposto a non especular co resultado e encadeaba catro triplos seguidos imposibles de contrarrestar para o seu rival, sen acerto onte desde o perímetro. Finalmente triunfo laranxa de dobre valor (64-52) que ademais de adiantar ao seu rival, supuxo gañarlle o basketaverage. O próximo duelo do Leyma Coruña no Palacio dos Deportes de Riazor será o domingo 25 de marzo ante o Manresa.







non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city